A Neno o atoparon na saída dun tunel da VG-20. Ten unha patiña mal que hai que operar para extirparlla, pero poderá facer vida normal. É un gato moi cariñoso que desexa dar cariño a quen o leve para o seu fogar. Ten pouco máis de dous meses
A Canga alguén lle partiu a mandíbula dunha patada. Despois de moito loitar conseguiu sair adiante. Agora busca un fogar no que lle den todo o amor que precisa
Un día África apareceu nun contenedor do lixo. Era moi pequeniña e somentes contaba cunhas poucas semanas. Agora con oito meses xa vai sendo hora que teña un fogar definitivo
Con este blog pretendo dar a coñcer as gatas e os gatos que teño en acollida na miña casa (da asociación Ojatican) e que están desexando a topar un fogar definitivo